div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 523

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. Hoxe en ‘O termómetro' achegaranse as previsións do tempo en Galicia e falarase da importancia médica do ferro e do encarecemento do penso.

08:55 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1246

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2047

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de Novo' remata este domingo a celebración dos seus 2.000 programas cunha edición especial dunha hora de duración.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE VII 665

No Colexio San José de Cluny de Santiago, educar vai máis alá de transmitir coñecementos. A formación académica convive co acompañamento persoal, a interioridade, o pensamento crítico, a participación das familias e o compromiso cos demais. Profesores, alumnos e familias mostran como estes valores se concretan na vida cotiá do centro e axudan a preparar os estudantes para a vida.

10:00 h

SANTA MISA ESPECIAIS: SANTA MISA ESPECIAIS XII 46

10:45 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 22.11.2026

Presenta Chus Tanoira.

11:15 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 191

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.

12:05 h

O CAMPO É NOSO FIN DE SEMANA: O CAMPO É NOSO FIN DE SEMANA 4

12:50 h

OCTAVIO E OUTROS ANIMALIÑOS: A familia

Espazo en que o coñecido educador canino Octavio Villazala abre as portas da súa casa para compartir cos espectadores os segredos do seu traballo e achegar o fascinante mundo dos animais.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 22.11.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:05 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.11.2026

15:40 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES II 57

Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, este magazine de fin de semana ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. O fenómeno do coleccionismo e o futuro do menú do día, a análise hoxe no ‘Tarde piaches’, que tamén falará sobre sobre Ana Kiro, coa directora do documental ‘Kiro’ e co seu viúvo.

20:00 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 917

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Rodrigo Vázquez recibe no estudio do 'Atrápame' os cinco concursantes desta semana: Fon, de Gondomar; Juan e Mari, do Grove, e Nuria e Teo, de Pontevedra. Todos queren levar o bote, que está nos 53.300 euros, pero para teren opcións de facerse con el deben superar as distintas fases do programa e presentarse no 'Minuto final'.

21:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 22.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:30 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA 22.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 22.11.2026

21:55 h

MILLONARIOS: O cadro

Serie protagonizada por Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, que encarnan a Telmo e Luísa, unha parella do rural galego que, tras gañar un gran premio na lotaría, decide xubilarse anticipadamente e embarcarse nunha serie de experiencias propias da xente con cartos. Telmo e Luísa, os protagonistas de ‘Millonarios’, teñen hoxe unha accidentada incursión nunha galería de arte.

22:30 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS II 26

Segunda temporada deste gran formato de baile e 'reality'. Presentado por Juan Fuentes, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. ‘Bailamos' celebra hoxe a súa gran fnal con Mauro, Alis e Alejandra loitando por un premio de 10.000 euros. Os finalistas afrontan o último reto con dúas coreografías cada un: un baile acompañados por un dos mestres da academia e outro eles sós fronte ao xurado. As familias estarán moi presentes nesta noite chea de emocións e contarase coa visita dos gañadores de edicións anteriores, Iria Vigo e Miguel Canalejo.

01:05 h

EN XOGO: EN XOGO 823

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

01:10 h

02:45 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 22.11.2026

Presenta Chus Tanoira.

03:15 h

LIBRO DE FAMILIA: O grupo escolar

En Santalla están preocupados polo futuro do grupo escolar, xa que poida que o trasladen a Maceiras e dubidan se poderán pagar o transporte e o comedor. Senén presiona a don Román para que solicite o grupo, pero este non ve ningún beneficio persoal no tema.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA: O Domund

Don Venancio está organizando o Domund cos rapaces. Pabliño e Rosamari pelexan pola hucha que representa un indio, o párroco dilles que será para quen máis recade. Manuel, xunto con outro labrego, atopa o mango que ferira a Cosme.

05:05 h

div-crtvg-top2

Publicidade