TVG - CSAG
A VIDA DOS OUTROS
Na República Democrática de Alemaña, no ano 1984, o capitán Gerd Wiesler, un home solitario, é un oficial competente do servizo de intelixencia e espionaxe da Stasi, a todopoderosa policía secreta do réxime comunista da RDA. Porén, cando lle encomendan que espíe a parella formada por un prestixioso escritor e unha popular actriz, non pode nin sequera imaxinar ata que punto esa misión vai influír na súa concepción da vida e do mundo.

LIBRO DE FAMILIA: A monta
Cando mellor ía o negocio do almacén, Román fai das súas subíndolles os impostos. Laura está máis que segura de que o seu home ten unha amante. Rosa Mari e Pabliño poñen en apuros máis dun adulto cando lles preguntan de onde veñen os nenos.
LIBRO DE FAMILIA: A matanza
Os Cabana van celebrar a matanza e un dos porcos criouno Marisiña coma un fillo, polo que a moza non pode co disgusto e por riba o matachín será Elías. Con motivo do festexo, María chega de Santiago e trae con ela a súa amiga Pili.
LIBRO DE FAMILIA: Semente nova
Román preocúpase en exceso do seu aspecto, o que incrementa as sospeitas de Laura, que pensa que volve ás andadas. María xa está en Santiago, onde súa compañeira de habitación intenta facer dela unha rapaza 'moderna'.
LIBRO DE FAMILIA: A letra con sangue entra
Chega a Santalla don Ricardo, o mestre substituto de dona Laura, e causa un gran malestar polos seus métodos de aprendizaxe antipedagóxicos, con castigos físicos. Dona Laura está cada vez máis enferma e no hospital diagnostícanlle tuberculose.