div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 25.11.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 25.11.2026

Presenta María Cheda.

10:30 h

O AGRO: O AGRO 25.11.2026

10:35 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 198

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. 'Cos pés na terra' estará hoxe cunha cesteira e cun produtor de pemento de Herbón. O programa da TVG tamén ten unha cita cun criador de porco celta.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 526

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 25.11.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 25.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:05 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 25.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:25 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

15:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 25.11.2026

15:35 h

EN COMPAÑIA DE LOLI: EN COMPAÑIA DE LOLI II 127

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.

18:00 h

HORA GALEGA XVI: HORA GALEGA XVI 1135

19:30 h

O CAMPO É NOSO: LUCÍA CASAL, AITOR JAMARDO, VÍCTOR BASCOY, VÍCTOR CABIDO, LUCÍA MARTÍNEZ, OTI FERNÁNDEZ

Lucía Casal ponlle os crotais á nova becerra de Cuca e Aitor Jamardo visita un viveiro para coñecer diferentes variedades de árbores froiteiras. Víctor Bascoy toma medidas para cubrir correctamente o silo e Víctor Cabido explica as variedades e características das patacas que cultiva. Lucía Martínez traslada o seu gando a unha nova zona de pasto e Oti Fernández amosa os riscos e as particularidades do traballo dos percebeiros.

20:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO II 127

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 25.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 25.11.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW IV 169

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores.

22:45 h

ORGULLO DE FAMILIA: ORGULLO DE FAMILIA 12

Os Jiménez Jiménez afrontan un pequeno contratempo: Aitana sofre unha escordadura de nocello e, mentres ten que gardar repouso, a familia busca diferentes maneiras de entretela e facerlle máis levadeira a recuperación. Pola súa banda, os Jiménez Hernández están decididos a cambiar de aires: cansos da súa vivenda actual, acoden a unha inmobiliaria na procura dunha nova casa que se adapte ás súas necesidades. Nos Ventos Romero, Mikel vai buscar un traxe novo acompañado pola familia, que participará na elección e non dubidará en dar a súa opinión.

23:30 h

VIVAS

'Vivas' é moito máis que un documental, é un berro de esperanza, unha viaxe de renacemento en que, a través da metodoloxía Máis ca vida, do actor Rubén Riós, que emprega as artes escénicas e o audiovisual como ferramentas de transformación, 14 mulleres superviventes da violencia de xénero reescriben a súa historia, afastándose da dor para abrazar o autodescubrimento e o apoderamento. 'Vivas' rompe cos relatos tradicionais, deixa atrás a victimización para dar paso á forza, á luz e á vida. Unha obra visual e emocional que transforma feridas en arte e silencio en voz, porque despois da escuridade sempre hai lugar para a luz.

00:55 h

A MIÑA FAMILIA POLA TÚA: A MIÑA FAMILIA POLA TÚA II 13

Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. O programa intercambia hoxe as vidas dun rapaz obsesionado polo fútbol e un home ao que tanto lle ten o deporte rei. O mar tira de Abdón tanto como o Celta, mentres que o mundo de Manolo son as vacas e o monte.

02:40 h

RETRATO DUNHA MOZA EN CHAMAS

Francia, 1770. Marianne, unha pintora, recibe un encargo dunha condesa que consiste en realizar o retrato de vodas da súa filla Héloïse, unha moza que acaba de deixar o convento e que ten serias dúbidas respecto ao seu próximo matrimonio. Marianne ten que retratala sen o seu coñecemento, polo que se dedica a investigala a diario.

05:50 h

LIBRO DE FAMILIA: O capador

Don Román ten nas súas mans o seu fillo e obrígao a aparentar na vila que entre eles todo vai moi ben. Pero o que preocupa a Marcos é a súa nai polas posibles represalias que poida sufrir do seu pai.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 25.11.2026

div-crtvg-top2

Publicidade