div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

GFace, co tema ‘Vaivén’, gañador do concurso ‘A canción do verán 2024’ da CRTVG

O xurado, reunido este xoves, elixiu a peza deste artista de Tomiño, que presentou un vídeo musical de estilo bachata

O vídeo gañador e os catro finalistas poden verse xa na plataforma dixital AGalega.gal

crtvg.gal 13/06/2024 12:46

Santiago, 13.06.2024.-       O concurso ‘A canción do verán 2024’ da CRTVG xa ten gañador. O tema ‘Vaivén’, do artista galego GFace, será a banda sonora dos medios galegos durante os vindeiros meses. GFace é Gabriel Fandiño, cantante e compositor de Tomiño (Pontevedra), de 22 anos, que xa conta con varias obras no mercado.
 
            Os ritmos latinos e próximos á bachata de ‘Vaivén’ convenceron o xurado do certame, que se reuniu este xoves en Santiago. O xurado da oitava edición do concurso estivo composto por Fernando R. Ojea, director de Contidos da Corporación; Montse Besada, xefa de Contidos da TVG; Natalia Penas, xefa de Contidos da Radio Galega; o coordinador de contidos dixitais da Corporación, Carlos Amado, e o presentador Xosé Manuel Piñeiro, que valoraron a orixinalidade, a calidade técnica e o acompañamento dun vídeo musical dos traballos presentados.
 
            O premio está dotado de 1.500 euros e a visibilización durante todo o verán do tema gañador en todas as canles dixitais, de televisión e radio da CRTVG.
 
            Ademais da  canción de GFace que resultou gañadora, os membros do xurado elixiron catro finalistas máis: Nando Llon e Maxy Mini, co tema ‘O Chimpín’; Christian Pensado, con ‘Es d´aquí ou vés á festa?’; Fran Allo, con ‘A terra do mar’, e Jonathan Dasilva-Jonydasvie, con ‘Prty’.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade