ANEXO ÁS BASES DO CONCURSO 'A CANCIÓN DO NADAL 2026' - CSAG
ANEXO ÁS BASES CONCURSO A CANCIÓN DO NADAL 2026
Con posterioridade á publicación das bases reguladoras do concurso “A CANCIÓN DO NADAL 2026”, considérase necesario incorporar unha condición adicional relativa á utilización da intelixencia artificial nas cancións presentadas.
En consecuencia, acórdase modificar as bases do concurso nos seguintes termos:
Primeira. Utilización da intelixencia artificial.
As cancións presentadas ao concurso deberán ser creacións orixinais de autoría humana. Non se admitirá a utilización de ferramentas ou sistemas de intelixencia artificial en ningunha das fases de creación ou produción das cancións, incluíndo entre outras a composición musical, a elaboracións das letras ou a produción sonora.
O incumprimento desta condición, debidamente acreditado, poderá dar lugar á exclusión da candidatura
Segunda. Declaración responsable
Incorporarase ao formulario de participación unha declaración responsable mediante a cal as persoas participantes deberán manifestar que na creación e produción da canción presentada non se empregaron ferramentas nin sistemas de intelixencia artificial.
Terceira. Candidaturas presentadas con anterioridade.
As persoas que presentasen a súa candidatura con anterioridade á publicación deste anexo deberán poder formalizar a correspondente declaración responsable a través do procedemento que se habilite para tal efecto e, de ser necesario, substituír a canción presentada.
Cuarta. Mantemento das restantes condicións
Mantéñense inalteradas as restantes condicións establecidas nas bases do concurso, que continuarán plenamente vixentes en todo aquilo que non resulte modificado polo presente anexo.
Quinta. Publicación.
O presente anexo publicarase polos mesmos medios empregados para a difusión das bases do concurso.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026
Asdo: Pilar Bermúdez Blanco
Directora da Área de Contidos
Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A.