div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Valderrama, Roi Porto e Antía Pinal poñen a música este venres en 'Luar'

O programa (21:45 h), dedicado ao pan, contará tamén coas actuacións da Orquesta Fania Blanco Show e da agrupación A Ponte Vella, amais do humor de Rosita de Penelas e Todo Mal

csag.gal 16/10/2026 00:01

Santiago, 16.10.2026.-    ‘Luar’ ofrece este venres unha nova edición presentada por Xosé Ramón Gayoso e Laura Boado, que terá como fío condutor o pan, un alimento de peso na  gastronomía galega. A música, o humor e unha nova entrega de ‘Recantos’ completan o abano de propostas do musical esta noite.

Entre os convidados musicais destaca Juan Valderrama, cantante e xornalista que desenvolveu unha traxectoria propia na música española, combinando a tradición musical coa súa visión contemporánea. Fillo dos históricos intérpretes Juanito Valderrama e Dolores Abril, ofrecerá dúas cancións, ‘De polizón’ e ‘Que estoy enamorado’.

Tamén estará no escenario Roi Porto, artista multidisciplinar coruñés que compaxina a súa faceta de cantante coa de DJ e que explora diferentes sonoridades entre o pop, a electrónica e o indie. O músico presenta ‘Las estrellas no tienen novio’, tema que dá título ao seu recente EP inspirado na obra de Federico García Lorca.

Pola súa parte, Antía Pinal interpretará ‘Mujer contra mujer’. A cantante viguesa, que se proclamou gañadora do concurso televisivo ‘La Voz’ en 2025, continúa abríndose camiño na música mentres compaxina a súa carreira artística cos estudos de Arquitectura.

A oferta musical da noite completarase coa actuación da Orquesta Fania Blanco Show e da Agrupación Folclórica A Ponte Vella.

No apartado humorístico, Rosita de Penelas, personaxe interpretada por Patricia Vázquez, achegará o seu particular sentido do humor, acompañada por Carla e Marcos, integrantes do dúo Todo Mal.

Amais, ‘Luar’ vivirá unha nova entrega de ‘Recantos’, en que competirán Kiraiko, representante do Salnés, e Julio Ferrín, da zona sur de Lugo. As súas actuacións serán valoradas polo xurado integrado por Nuria Lorenzo, Cristina Castaño e Manuel DeAndrade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade