div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Unha lámpada para o fogar de Alba, unha acampada cunha visita especial e un día entre parellas en Sanxenxo, en 'Orgullo de familia'

Os espectadores da TVG seguirán coñecendo a vida cotiá das tres familias xitanas galegas protagonistas deste docu-reality

csag.gal 23/09/2026 00:01

Santiago, 23.9.2026.-   A Televisión de Galicia ofrece este mércores unha nova entrega do docu-reality ‘Orgullo de Familia’ (22:50 h), que lles achega aos espectadores a realidade cotiá de tres familias xitanas galegas, nun retrato íntimo e respectuoso que reivindica o orgullo de sentirse galego e caló.

Nesta ocasión, a audiencia verá como os Jiménez Jiménez se poñen mans á obra coa reforma do piso de Alba e saen na procura dunha lámpada para darlle o toque que lle falta ao seu novo fogar.

Pola súa parte, os Jiménez Hernández cambian de aires e van de acampada, nun plan familiar ao que se suma Purita, a súa outra filla, que chega dende León para pasar uns días coa familia. Os Ventos Romero, pola contra, aproveitan o bo tempo para pasar o día en Sanxenxo xunto ao irmán de Mikel e a súa parella, nunha xornada entre parellas.

Tres familias, tres historias e unha mesma forma de vivir, onde ata a situación máis cotiá pode acabar converténdose en toda unha aventura.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade