Unha escapada romántica, unha foliada improvisada e unha visita a Vigo, esta noite, nunha nova entrega de 'Orgullo de Familia' - CSAG
Unha escapada romántica, unha foliada improvisada e unha visita a Vigo, esta noite, nunha nova entrega de 'Orgullo de Familia'
Os Jiménez Jiménez, os Ventos Romero e os Jiménez Hernández vivirán novas aventuras e afrontarán retos que os porán a proba

Santiago, 11.11.2026.- Nunha nova entrega de ‘Orgullo de Familia’ (22:45 h), os espectadores da TVG serán testemuños de tres experiencias moi diferentes, con aventuras, tradicións e retos que porán a proba os seus protagonistas.
Deste xeito, os Jiménez Jiménez prepáranse para vivir unha nova aventura: Aitana e Joni escapan da rutina para gozar dunha experiencia de glamping, onde se reencontrarán cos seus curmáns e compartirán momentos cheos de sorpresas e diversión.
Pola súa parte, os Jiménez Hernández teñen un plan moi especial: Loli e Magi atrévense a aprender os pasos do baile tradicional galego, vístense cos traxes típicos e acaban participando nunha foliada improvisada.
Mentres tanto, os Ventos Romero afrontarán un novo reto: o pai de Aroa prepararalles unha sorpresa e daralles unha serie de indicacións para pasar o día sós en Vigo, onde terán que demostrar se son capaces de orientarse e atopar o camiño de volta.