div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Un amor de toda a vida é protagonista esta noite da historia romántica de 'Casamos!'

A parella da este paso tan importante cunha voda moi especial, inspirada no universo de Harry Potter

csag.gal 26/08/2026 00:01

Santiago, 26.8.2026.-  O programa máis romántico da Televisión de Galicia, ‘Casamos!’ (22:00 h), achega esta noite a historia de amor de Arancha e Delfín, un parella que se coñeceu no instituto en Ourense, onde naceu unha amizade que se mantivo intacta durante anos. O paso do tempo fixo que aquela complicidade dera lugar ao amor e, hai tres anos, decidiron iniciar unha relación que lles cambiou a vida.

Como toda parella, tivo que aprender a ceder e adaptarse un ao outro para facer medrar o seu proxecto en común, un proceso que, en ocasións, tamén lles supuxo afrontar pequenos conflitos e desafíos.

Agora están preparados para dar o paso definitivo cunha voda tan especial como eles: unha celebración inspirada no universo de Harry Potter, en que a maxia, a fantasía e a súa personalidade estarán presentes en cada detalle.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade