div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Televisión de Galicia modifica a súa programación tras o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Esta noite ofrecerase unha entrevista co histórico dirixente nacionalista, emitida no seu día no programa ‘Galeg@s’ (G2, 23:30 h), e o venres tres capítulos de ‘Crónicas da transición’

A plataforma dixital AGalega.gal habilita a sección ‘Lembrando a Xosé Manuel Beiras’, cunha selección de espazos do arquivo da CSAG relacionados co político galego falecido este xoves 

csag.gal 08/10/2026 13:16

Santiago, 08.10.2026.-  Televisión de Galicia modifica a súa programación con motivo do pasamento de Xosé Manuel Beiras. Esta noite emitirase pola segunda canle (23:30 h) unha entrevista en profundidade co histórico dirixente nacionalista no programa ‘Galeg@s’, na que o político aborda, entre outras cuestións, a capacidade de Galicia para decidir sobre os seus recursos, a súa economía e as condicións de vida da cidadanía.

A continuación, a G2 recuperará o primeiro capítulo do histórico programa ‘O veciño do xoves’, emitido en 1987 e presentado por Xosé Ramón Gayoso. Este espazo conserva un momento especialmente singular, no que Xosé Manuel Beiras e o tamén político e profesor Xosé Luís Barreiro compartiron interpretacións ao piano. 

Ademais, este venres (17.40 h), a G2 emitirá tres capítulos de ‘Crónicas da transición’ centrados na evolución do galeguismo e do nacionalismo durante a Transición: ‘A resiliencia galeguista interior e exterior’, ‘O renacer do nacionalismo’ e ‘O encerellado camiño cara a un Estatuto digno’.

A plataforma dixital AGalega.gal habilitará unha sección especial, ‘Lembrando a Xosé Manuel Beiras’, que reunirá unha selección de contidos do arquivo histórico da CSAG relacionados coa figura e a traxectoria do político galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade