div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Televisión de Galicia modifica a súa programación polo accidente de tren en Toledo

Esta tarde haberá un ‘Especial Informativo’ ás 18.05 h., despois de ‘En compañía de Loli’

Pola noite está previsto un ‘Telexornal’, ás 21.00h, e un novo Especial despois de ‘Land Rober’ para recoller o estado da situación 

Os servizos informativos da TVG e da Radio Galega reforzaron a súa programación todo o día
 

csag.gal 28/10/2026 13:46

Santiago, 28.10.2026.-  Televisión de Galicia modificou este mércores a súa programación con motivo da traxedia ferroviaria en Urda, na provincia de Toledo.  Esta tarde haberá un ‘Especial Informativo’  na primeira canle, ás 18.05 h., despois de ‘En compañía de Loli’ e pola noite o ‘Telexornal’ das 21.00 h retomará o relato informativo da traxedia que afectou dous trens de pasaxeiros a primeira hora de hoxe.

Pola noite ademais está previsto un novo Especial dos servizos informativos despois de ‘Land Rober’ para pechar unha xornada na que atención da canle pública se volcou co accidente ferroviario.

Pola mañá, Televisión de Galicia estendeu a duración do ‘Bos días’ ata as 11.15 h. para achegar toda a actualidade e os datos das fontes autorizadas arredor do accidente. Despois tomou a remuda un ‘Especial Informativo’ conducido por María Cheda durante toda a mañá, nun espazo que foi só interrompido 12 minutos por un breve ‘Galicia noticias’.  Ademais, un ‘Telexornal’ monográfico recuperou a mediodía todos os datos e o balance da traxedia ata esa hora  

Nesta xornada, a Radio Galega centra tamén o seu relato informativo na traxedia e está a achegar todos os datos que as fontes oficiais van confirmando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade