div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Roberto Vilar únese hoxe ao equipo de 'Xente Marabillosa' para reivindicar o respeto polo patrimonio galego

O presentador compartirá experiencias e opinións que axudarán a poñer o foco na importancia de recoñecer, respectar e valorar os tesouros culturais que forman parte da memoria colectiva de Galicia

csag.gal 14/12/2025 02:00

Santiago, 14.12.2025.-    A Televisión de Galicia ofrece este domingo unha nova entrega de ‘Xente Marabillosa’ (22:00 h), o espazo de entretemento e servizo público presentado por Lucía Rodríguez que cada semana convida á reflexión social con cámaras ocultas baseadas en situacións reais. Nesta ocasión, o programa contará coa participación do popular presentador do ‘Land Rober + Show’, Roberto Vilar, que se suma a unha edición dedicada á concienciación sobre a protección do patrimonio artístico, histórico e cultural de Galicia.

A nosa comunidade posúe un legado patrimonial extraordinario, considerado por especialistas, institucións e asociacións como practicamente inabarcable. Igrexas, pazos, mosteiros, pontes, hórreos, castelos, xardíns, capelas, torres e catedrais conforman un mapa cultural único en Europa.

Esta riqueza, fondamente vinculada á identidade galega, convive cunha crecente preocupación social: o auxe do turismo, os rituais de viaxe motivados polas redes sociais e os comportamentos cada vez máis individualistas aumentaron os incidentes de vandalismo e deterioro. Pintadas en edificios históricos, danos en estatuas, gravados rupestres alterados, desprendementos provocados por escaladas temerarias ou pedras arrancadas de lugares icónicos son só algúns dos exemplos máis repetidos. 

Consciente do impacto e a gravidade destas accións, ‘Xente Marabillosa’ dedica o seu programa desta semana a visibilizar a problemática e promover a responsabilidade colectiva. A través de recreacións baseadas en feitos reais, o espazo da TVG reforzará a idea de que o patrimonio galego non só nos identifica, senón que nos pertence como comunidade e debemos protexelo para xeracións futuras. Por iso, hoxe o programa estreará unha cámara oculta en que uns influencers intentan facer unha pintada nunha das esculturas máis icónicas de Santiago de Compostela: as dúas Marías.

A presenza de Roberto Vilar, unha das figuras televisivas máis queridas polo público galego, engadirá un valor especial a esta edición. O presentador fará un percorrido pola súa traxectoria profesional e vital, e compartirá experiencias e opinións que axudarán a poñer o foco na importancia de recoñecer, respectar e valorar os tesouros culturais que forman parte da memoria colectiva de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade