div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Preparativos de voda, Purita ao volante e unha festa ao estilo Romero, esta noite, en 'Orgullo de familia'

Os espectadores seguirán descubrindo as tradicións, as celebracións e os retos de tres familias xitanas galegas

csag.gal 07/10/2026 00:01

Santiago, 7.10.2026.-   No programa desta noite de ‘Orgullo de Familia’ (22:45 h), os espectadores da TVG verán como os Jiménez Jiménez entran de cheo nos preparativos da gran voda de Aitana. A familia chega ao lugar da celebración e comeza a poñer a punto cada detalle para o gran día, desde a zona do pano ata a preparación da cama, seguindo as súas tradicións familiares. 

Pola súa parte, os Jiménez Hernández acompañan a Purita nun novo reto: aprender a conducir. Os nervios están presentes e Loli decide acompañala á autoescola e estar ao seu lado durante as clases prácticas para darlle toda a confianza que necesita. 

Os Ventos Romero, pola contra, teñen motivos para celebrar: chega o aniversario de Mikel e a familia reúnese para montar unha auténtica festa ao máis puro estilo Romero. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade