Os medios públicos galegos obteñen, por oitavo ano consecutivo, o Indicador ARDÁN de Empresa Igual en Xénero - CSAG
Os medios públicos galegos obteñen, por oitavo ano consecutivo, o Indicador ARDÁN de Empresa Igual en Xénero
Este recoñecemento continuado evidencia a consolidación das políticas en materia de igualdade da CSAG
A Corporación atópase entre o exclusivo 3 % das empresas merecedoras desta clase de distinción de entre das máis de 45.000 analizadas en Galicia

Santiago, 09.11.2026.- A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia recibiu a acreditación que a recoñece por oitavo ano consecutivo como Empresa Igual en Xénero. Os Indicadores ARDÁN son outorgados polo servizo de información empresarial desenvolvido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, que se publica anualmente.
A CSAG está entre o exclusivo 3 % das empresas merecedoras desta clase de distinción de entre as máis de 45.000 analizadas en Galicia.
Este indicador de Empresa Igual en Xénero é outorgado ás empresas “con altos valores en igualdade desde unha perspectiva de xénero no eido laboral, medida en tres dimensións: igualdade de funcións, igualdade de retribucións e igualdade de actuacións”.
O recoñecemento continuado como Empresa Igual en Xénero evidencia a consolidación das políticas nesta cuestión e reforza o papel dos medios públicos galegos como referente na defensa da igualdade, da inclusión e da cohesión social, contribuíndo desde o servizo público audiovisual á construción dunha sociedade galega máis xusta, diversa e igualitaria.