Os expertos de 'Somos animais' ensinaranlle a coidar a súa burra a unha rapaza que deixou a cidade pola aldea - CSAG
Os expertos de 'Somos animais' ensinaranlle a coidar a súa burra a unha rapaza que deixou a cidade pola aldea
Tamén intervirán no caso dun caniche moi reactivo cos outros cans

csag.gal
21/05/2026 00:01
Santiago, 21.5.2026.- No programa desta semana de ‘Somos Animais’ (22:45 h), Hugo e o educador equino Samu quérenlle axudar a María, unha rapaza que deixou a cidade e o traballo de márketing pola aldea e a gandaría. O problema é que adoptou unha burra coa esperanza de poder montala, pero non ten nin idea de como coidar destes animais.
Ademais, os espectadores coñecerán coñecer a Max, un pequeno caniche que se lanza detrás de todos os cans que ve, sen importarlle nin a raza, nin o xénero nin o tamaño. Sacalo a pasear é unha tortura, xa que vai tirando a todos os lados e ládralle a calquera can que se lle cruce.

CRTVG VIVA