div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O televisivo Carlos Lozano busca en 'A grande escolla' a manda perfecta de galiñas para a súa vida no rural

O madrileño, que agora aposta polo ritmo pausado da aldea, asiste fascinado ás razas autóctonas e aos animais criados en liberdade que lle propón o programa

csag.gal 26/05/2026 00:01

Santiago, 26.05.2026.-  O programa ‘A grande escolla’ recibe este martes, ás 22:45 horas na TVG, a Carlos Lozano nun episodio tan inesperado como revelador: a procura dunha nova manda de galiñas para a súa vida no campo, unha aventura moi afastada do brillo televisivo co que o público o identificou durante décadas.

Porque si, Carlos Lozano segue facendo televisión, pero hai tempo que a súa rutina mudou. Na serra de Madrid atopou unha forma de vida máis pausada, rodeado de animais, hortas e terra. A necesidade é real. Unha raposa arrasou boa parte da súa manda. Por iso chama a Noelia Rey convencido de que en Galicia pode atopar razas especiais. A chegada a Galicia está chea de eloxios á nosa terra e as súas rúas. A cita con Noelia ten lugar no restaurante As Rodas, en Sada. Alí, o madrileño deixa clara a súa prioridade: quere galiñas sas, libres e ben coidadas. 

O catálogo que lle presenta Noelia sorpréndeo desde o primeiro momento. Tres propostas moi distintas: a galiña de Mos, a piñeira e as poñedoras ecolóxicas. A primeira chega da Estrada da man de Rafael Carbajales. A galiña de Mos é unha raza histórica, robusta e perfectamente adaptada ao clima galego. O que máis impresiona ao presentador é descubrir que está diante da primeira raza de galiña autóctona recoñecida oficialmente en España. Cando Rafael revela que un galo adulto pode custar 50 euros, Carlos leva a man ao peito. O lote completo —trinta galiñas, dous galos e cen pitiños— acada os 1.800 euros. 

A seguinte proposta cambia completamente o rexistro. Carmen Fernández chega desde Betanzos coa galiña piñeira, unha raza galega aínda en proceso de recuperación. A criadora fala da raza con auténtica paixón. Explica que é máis lixeira, consome menos alimento e pode poñer tantos ovos como a de Mos. Ademais, introduce un detalle inesperado: os concursos de galiñas. Carlos escoita fascinado, aínda que o prezo volve golpealo con forza. Os 80 polos, 15 galiñas e 6 galos suman 2.100 euros.

A terceira opción chega desde Irixoa da man de Dolores Porto. Aquí o foco non está na raza autóctona senón na produtividade e no modelo ecolóxico. As súas galiñas viven en liberdade e aliméntanse exclusivamente con produtos ecolóxicos. Carlos conecta rápido coa proposta. Gústanlle a cor das aves e o sistema de crianza. Ademais, por primeira vez sente que os prezos entran dentro do que esperaba. O lote de 50 aves custa 1.400 euros. 

Xa só queda decidir que manda de galiñas viaxará con el ata Madrid.  'A grande escolla’ de Carlos Lozano, esta noite na TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade