O 'Land Rober non para' achega este mércores moito humor e encontros inesquecibles - CSAG
O 'Land Rober non para' achega este mércores moito humor e encontros inesquecibles
Esta noite, cita imprescindible para compartir risas e grandes momentos con Roberto Vilar e o seu equipo

Santiago, 17.6.2026.- ‘Land Rober non para’ (21:40 h) chega este mércores á TVG para seguir enchendo de humor a noite da canle pública galega. O programa, liderado por Roberto Vilar e o seu equipo, ofrecerá encontros inesquecibles, entrevistas divertidas e sketchs orixinais, que garanten o mellor entretemento.
O ‘Land Rober non para’ ofrecerá momentos especiais coa cantante Melody, as actrices Lucía Veiga e Benedicta Sánchez e o doutor Manuel Viso, entre outros protagonistas que hoxe deixarán pegada no escenario do programa da Galega. Con humor e moita complicidade co público, o ‘Land Rober non para’ converterase nunha proposta fresca e destacada para esta noite.