div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O cantautor asturiano Víctor Manuel presenta esta noite en 'Luar' o seu novo disco

Presentado hoxe por Roberto Vilar e Aitana del Mar, o programa (21:45 h), que convidará os espectadores a trasladarse á súa infancia, contará tamén coas actuacións do exrecanteiro Brian Cameselle, do Grupo Beatriz e da Escola de Cantigas e Agarimos

csag.gal 12/12/2025 02:00

Santiago, 12.12.2025.-    Con motivo da proximidade das festas de Nadal e do Día Internacional da Radio e a Televisión a favor da Infancia, unha iniciativa de UNICEF que se celebra cada segundo domingo de decembro, o programa ‘Luar’ convida hoxe os seus espectadores a trasladarse á súa nenez. O programa contará con xogos populares procedentes do Museo do Xoguete de Ponteceso e preguntará a público e convidados/as cal é a primeira canción que lembran.

No capítulo musical, a audiencia poderá gozar esta noite coa música do cantautor asturiano Víctor Manuel, que presentará o seu novo álbum tras sete anos de silencio discográfico. Con ‘Solo a solas conmigo’ presenta un proxecto íntimo e persoal que percorrerá teatros e auditorios de todo o país. Esta xira supón un novo capítulo na súa traxectoria, que continúa emocionando o público con cancións que forman parte da memoria musical de varias xeracións.

O programa, que hoxe será presentado por Roberto Vilar e Aitana del Mar, tamén ofrecerá a actuación de Brian Cameselle, exrecanteiro da temporada pasada, que presenta a súa primeira composición propia: ‘Que pena me da’.

Ademais, coma sempre, no ‘Luar’ desta noite tamén haberá verbena, a cargo do Grupo Beatriz, e folclore, que virá da man da Escola de Cantigas e Agarimos. As notas de humor serán cousa do actor Carlos Blanco e de dous personaxes xa ben coñecidos polos espectadores: Lalo Penelas e Sabela Grilo, interpretados por Xosé A. Touriñán e María Foscaldo, respectivamente.

No tempo do concurso ‘Recantos’, hoxe chegará o momento de subir ao escenario para Mariana Navarro, da fronteira de Portugal, e para Jenny, representante da comarca Lugo Norte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade