Na busca da tradición viva, 'Palmira Lará' coñece hoxe a Maruja de Cregha en Santo Adrán de Cobres - CSAG
Na busca da tradición viva, 'Palmira Lará' coñece hoxe a Maruja de Cregha en Santo Adrán de Cobres
Os condutores do programa (22:45 h) levarán tamén o músico Alfredo Dourado a escoitar como eran os seráns por boca das mulleres de San Vicente de Oitavén

Santiago, 13.07.2026.- Na entrega desta semana de ‘Palmira Lará’, Miguel Lesta e Leticia Rei continuarán a súa viaxe, montados en furgoneta, polas aldeas, vilas e cidades galegas para coñecer as vidas e as historias da xente que mantivo viva a tradición.
Nesta ocasión, os presentadores visitan Santo Adrán de Cobres, onde descubrirán que hai de certo en que nesta localidade manteñen a nosa tradición viva. Despois de coñecer o seu xeito de celebrar o Entroido, aproveitarán que están na zona para iren ás Cortellas e saber máis sobre a vida da súa grande estrela: a tocadora de pandeiro Maruja de Cregha.
Ao día seguinte, os protagonistas de ‘Palmira Lará’ levarán tamén o músico Alfredo Dourado a escoitar como eran os serán por boca das mulleres de San Vicente de Oitavén.