Miguel Canalejo, Miguel Mandayo e Trisha Fernández, protagonistas de 'Bailamos Celebrity' na recta final - CSAG
Miguel Canalejo, Miguel Mandayo e Trisha Fernández, protagonistas de 'Bailamos Celebrity' na recta final
A TVG ofrece esta noite unha edición especial que amosa a evolución dos tres finalistas antes da gran final do concurso

Santiago, 24.8.2025.- Televisión de Galicia emite este domingo unha entrega especial de ‘Bailamos Celebrity’ (22:45 h) para acompañar a audiencia no camiño cara á gran final. O programa porá o foco nos tres protagonistas desta primeira edición, Miguel Canalejo, Miguel Mandayo e Trisha Fernández, que se xogarán o título a próxima semana, logo de sete galas cheas de ritmo e superación persoal.
Este domingo ‘Bailamos Celebrity’ realizará un percorrido pola evolución dos tres finalistas sobre o escenario, amosando coreografías inesquecibles e as relacións que foron tecendo cos seus profesores, cos compañeiros e co xurado. ‘Bailamos Celebrity’ converteuse nunha das propostas máis seguidas da tempada en TVG e, presentado por Juan Fuentes, contou amais coas actuacións doutros nove famosos galegos que se atreveron co reto do baile: Fran Cañotas, María Mera, Noelia Rodríguez, Luís Iglesia, Eddy Ínsua, Noelia Rey, Roi Méndez, Sabela Silva, e Eva Iglesias.
A recta final promete máxima intensidade antes de coñecer quen se coroará como primeiro gañador ou gañadora do concurso.