Miami, a cidade máis importante de Florida, é esta semana o destino do programa 'Latitude galega' - CSAG
Miami, a cidade máis importante de Florida, é esta semana o destino do programa 'Latitude galega'
Alba Mancebo guiará os espectadores por esta urbe, que alberga algúns dos espazos naturais máis relevantes dos Estados Unidos

Santiago, 17.3.2026.- O espazo ‘Latitude Galega’ visita esta semana Miami, a cidade máis importante de Florida. Esta urbe conta, xunto coa súa área metropolitana, con máis de seis millóns de habitantes, a maior parte deles de orixe latina. Como verán os espectadores, Miami alberga algúns dos espazos naturais máis relevantes dos Estados Unidos, como o Parque Nacional dos Everglades ou a baía Biscaíña.
A reporteira Alba Mancebo coñecerá Miami da man de cinco galegos: Silvia, unha acróbata de Oleiros; José Manuel, un asesor de Monforte; Estíbaliz, unha profesora de Aguiño; Borja, un empresario de Vigo, e Fernando, un axente inmobiliario da Coruña.