María Mera conquista os padriños de 'A liga dos cantantes extraordinarios', nunha noite de grandes actuacións - CSAG
María Mera conquista os padriños de 'A liga dos cantantes extraordinarios', nunha noite de grandes actuacións
A presentadora abre o programa ao ritmo de ‘Celta Girl’, mentres os concursantes afrontan novos retos e o medley final pon a bailar a todos con cumbia e reguetón

Santiago, 31.10.2026.- ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (21:55 h) comeza este sábado cunha intervención protagonizada por María Mera. A presentadora da Liga, acompañada das bailarinas do programa, interpreta ‘Celta Girl’, unha versión especial do éxito ‘Latin Girl’, da cantante arxentina Emilia Mernes.
Repiten como padriños Javier Saavedra, de Los Satélites; Diego Barbazán, da Olympus; e Lito, da Panorama. Mentres, representando a París de Noia hai unha nova fichaxe, a cantante Lucía Sánchez.
Ainara é a primeira concursante en cantar o tema ‘Abre tu mente’. Iago coméntalle que foi unha boa actuación pero que ten que ter coidado coas notas agudas, que as ten que intentar vibrar e proponlle un novo reto para próximos programas.
Kiowa e Jose no saen moi airosos da súa actuación. Padriños e xurado difiren da maneira en que se teñen que valorar os dúos, coa mesa puntuación os dous ou diferente cada un.
Kevin, como bo showman, reparte abanicos entre o público e pon a todos a bailar con ‘NUEVAyol’ de Bad Bunny. Clara amosa todo o seu talento versionando o tema ‘Hoy quiero confesar’. Emociona a público e xurado.
Yunier tamén conquista a todo o mundo co tema en galego ‘Galicia, terra nosa’, un reto que lle puxo o seu padriño Blas e que superou sen problema. Fani ponse na pel de Karol G ao interpretar ‘Contigo’.
Por último, chega a quenda de Avi que interpreta un tema propio ‘O que tiñamos soñado’. O xurado gaba a súa voz, a súa actitude e o seu talento innato.
Neste programa todo o mundo parece estar namorado da presentadora María Mera. Barbazán sácaa a bailar antes do medley e tanto el como Saavedra decláranlle o seu amor.
O medley do programa chega a ritmo de cumbia e reguetón, grazas ao talento dos padriños e de César Romero. Lito anímase a cantar despois de moito tempo unha cumbia.
