div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Manu Tenorio e Verónica Romero, dous dos artistas máis queridos da primeira xeración de 'OT', actúan esta noite no primeiro 'Luar' do ano

Tamén pasarán polo escenario X4VI, a orquestra Miramar, o Rancho de Reis das Cortellas e a Rondalla de Santa Eulalia de Mos

csag.gal 02/01/2026 00:01

Santiago, 2.1.2026.-    O programa ‘Luar’ (21:40 h) inaugura o ano coa presenza de dous dos artistas máis queridos daquela primeira xeración dourada de ‘Operación Triunfo’: Manu Tenorio e Verónica Romero.

Con máis de 20 anos de traxectoria na industria, o artista sevillano interpretará temas do seu último disco, ‘El Origen’, que combina melodías cativadoras con modernidade electrónica, reflectindo a súa evolución artística, e que lle rende homenaxe aos clásicos da canción melódica.

Outra muller, de sobra coñecida pola audiencia galega, que continúa presente no mundo da música case 25 anos despois de despuntar en ‘OT’ é Verónica Romero. A cantante ilicitana está de actualidade pola estrea do seu novo sinxelo, ‘Contigo é Nadal’, unha iniciativa á que cada vez se suman máis artistas, e que interpretará esta noite.

Ademais, os espectadores poderán gozar das actuacións de X4VI, da orquestra Miramar, do Rancho de Reis das Cortellas e da Rondalla de Santa Eulalia de Mos. E serán testemuñas das últimas andanzas do ‘chapuzas’ Lalo Penelas, que esta semana vai propoñer realizar un calendario moi especial.

No primeiro ‘Luar’ de 2026 tamén haberá tempo para celebrar unha nova entrega do concurso ‘Recantos’, en que hoxe participarán Tami Madoy, procedente do Baixo Miño, e Lu Pérez, representante da comarca da Arousa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade