div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Loli quere mudarse a unha casa con xardín, Aitana aprende a vivir coa súa lesión e Maikel precisa mercar un traxe, esta noite, en 'Orgullo de familia'

Os espectadores seguirán coñecendo as aventuras, retos e tradicións das tres familias xitanas galegas protagonistas do programa

csag.gal 25/11/2026 00:01

Santiago, 25.11.2026.-   No programa desta semana de ‘Orgullo de Familia’ (22:50 h), os espectadores da TVG seguirán coñecendo as aventuras, retos e tradicións das tres familias xitanas galegas protagonistas.

Deste xeito, verán como Loli cansou de vivir nun pequeno piso con toda a familia e decidiu comezar a busca dunha casa con xardín onde poder ter espazo e intimidade. Pero atopar unha casa á altura non será nada doado. 

O programa tamén acompañará a Aitana na súa grave lesión de nocello, que obriga a pequena dos Jiménez Jiménez a gardar repouso. A familia tratará de buscar o xeito de que estea entretida durante o tempo que dure a convalecencia. 

Pola súa parte, Maikel vai ter un bautizo moi pronto e quere ir ben elegante, pero non ten roupa. O seu tío Josué vaino levar a mercar un bo traxe baixo a atenta ollada de Aroa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade