div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

La Década Prodigiosa, unha das formacións históricas da música española, e Kid Mount, un dos referentes do xénero urbano en Galicia, actúan esta noite no 'Luar'

Tamén pasarán polo escenario o cantante e compositor galego Jonydasvie, a orquestra Olympus e o grupo de música tradicional Retranqueiros de Ames

csag.gal 09/10/2026 02:00

Santiago, 09.10.2026.-    Na súa edición deste venres, o programa ‘Luar’ (21:45 h) recibirá a visita de La Década Prodigiosa, unha das formacións máis lonxevas do panorama musical español, con máis 40 anos de vida e máis de cinco millóns de discos vendidos. Déronse a coñecer por temas en que combinaban os éxitos de distintos períodos e chegaron a representar a España no Festival de Eurovisión.

O espazo da TVG tamén contará coa presenza, para presentar o seu novo traballo, de Kid Mount, que, con pouco máis de 20 anos, se posiciona como un dos referentes da música urbana en Galicia e en galego, cunha das propostas con maior proxección neste eido. Natural de Xinzo de Limia e residente en Santiago, combina neoperreo, funk brasileiro e reguetón experimental, con letras viscerais e unha produción que aposta polo emocional, o físico e o cru.

Ademais, no escenario estará Jonydasvie, nome artístico de Jonathan Dasilva Vieira, cantante e compositor galego nado en Lourenzá. Desde pequeno mostrou unha forte paixón pola música, participando en diversos concursos e en programas da TVG. Con identidade propia e unha proxección ascendente, Jonydasvie busca consolidarse como unha voz destacada do pop e urbano actual, ofrecendo un directo intenso, persoal e sorprendente.

A proposta do ‘Luar’ desta noite complétase coa música tradicional dos Retranqueiros de Ames, cos ritmos da orquestra Olympus e co humor do personaxe de Sabela Grilo, interpretado por María Foscaldo, e de Carla e Marcos, de Todo Mal. 

Contra o final do programa, chegará, coma sempre, unha nova entrega do concurso de novos talentos ‘Recantos’, en que hoxe medirán as súas voces Esther, representante da fronteira de Portugal, e Miguelito, pola comarca de Lugo centro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade