div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Gran gala de presentación da nova programación da TVG, no primeiro 'Luar' da temporada

As caras máis coñecidas da Televisión de Galicia e da Radio Galega inauguraron a temporada sobre a alfombra vermella e no escenario do programa

'Luar' renóvase con novo plató, nova imaxe e unha cabeceira histórica reinventada para seguir conectando co público

Aitana del Mar e Xosé Ramón Gayoso son os presentadores da 34ª temporada 

csag.gal 11/09/2025 14:13

Santiago, 12.09.2025.-   O ‘Luar’ deste venres na TVG foi un programa moi especial. O programa de entretemento máis lonxevo da televisión en España regresou cunha gran gala de presentación da temporada da Galega. Pola alfombra vermella desfilaron actores, actrices, presentadores e xornalistas da Televisión de Galicia e da Radio Galega, dándolle así a benvida oficial á grella de outono da canle pública.

          Na estrea da 34ª temporada de ‘Luar’, presentado Xosé Ramón Gayoso e a xornalista e influencer Aitana del Mar, a canle reuníu as grandes figuras da TVG para avanzar os contidos deste outono. Entre estas, a serie ‘O home perfecto’; os programas 'Bailamos Celebrity', ‘Casamos!’ ou ‘A miña gran cidade’ e o concurso ‘Eu sei + ca ti’; así como os magazines ‘O Termómetro’, ‘Quen Anda Aí?’ e ‘Hora Galega’. Moitos dos seus protagonistas subiron ao escenario para celebrar a nova temporada e a estrea deste 'Luar' renovado. Tamén asistiron as novas caras dos Informativos e Deportes da TVG e as voces que acompañan cada día a audiencia desde a Radio Galega.

          ‘Luar’ renovouse para esta temporada con novos contidos e novo estudio, en que o verde flúor é o protagonista, nova imaxe gráfica e unha cabeceira histórica reinventada: a versión remix de ‘Pousa, pousa’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade