Este martes 'Latitude galega' mergúllase na realidade social e económica de Cuba da man de cinco galegos - CSAG
Este martes 'Latitude galega' mergúllase na realidade social e económica de Cuba da man de cinco galegos
O reporteiro Perico Balado percorre nesta emisión especial A Habana, Matanzas, Pinar del Río ou Viñales, entre outros lugares

csag.gal
27/01/2026 00:01
Santiago, 27.1.2026.- ‘Latitude galega’ (22:40 h) visita a maior illa do Caribe: Cuba. A Habana, Matanzas, Pinar del Río ou Viñales son algúns dos lugares presentes neste programa especial, que se achega á realidade social e económica do país caribeño.
O reporteiro Perico Balado coñece Cuba da man de cinco galegos: María del Carmen, unha mestra de Barreiros; Iago, un director de hotel de Lugo; Pilar, unha empresaria de Santiago de Compostela; Domingo, un xubilado de Guitiriz; e Arantxa, unha filóloga da Coruña.

CRTVG VIVA