div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

En 'Orgullo de familia', os espectadores asistirán esta noite a cambios, despedidas e novos retos

Aitana ponse en modo reforma, Purita e Eliseo marchan para León e os Ventos Romero aprenden a levar a bandexa

csag.gal 04/11/2026 00:01

Santiago, 4.11.2026.-   Na entrega deste mércores do programa ‘Orgullo de Familia’ (22:50 h), que amosa as diferentes experiencias de tres familias xitanas galegas, non faltarán as despedidas, os novos retos e os cambios que acompañan cada etapa da vida.

Os espectadores verán hoxe como os Jiménez Jiménez comezan unha nova etapa: Aitana, xa instalada na casa de Joni, quere darlle un toque máis persoal ao seu cuarto e sae na procura dun tocador para decorar o espazo ao seu gusto. 

Pola súa parte, os Jiménez Hernández prepáranse para despedir a Purita e a Eliseo, que están a piques de marchar de Santiago. Antes da súa partida cara a León, Loli acompáñaos a mercar algúns detalles e organízalles unha comida ao máis puro estilo galego. 

Mentres tanto, os Ventos Romero afrontan un novo reto: Aroa e Mikel póñense a proba como camareiros por un día por iniciativa do tío Josué, que quere ensinarlles a importancia do traballo e de aprender a valerse por si mesmos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade