div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Efecto Pasillo, Eddy Insua e a escola Danza y Vuela, convidados de luxo no 'Bailamos' desta noite

Entre os novos retos que afrontarán os concursantes está o de Brais, que se converterá en Abraham Mateo; o de Gisela e Mauro, que se enfrontarán
á muiñeira, e o de Álex, que se atreverá co seu primeiro porté

csag.gal 20/09/2026 02:00

Santiago, 20.09.2026.-      Na gala deste semana de ‘Bailamos’ (22:35 h), a competición continúa subindo o nivel e os concursantes afrontarán novos retos acompañados de convidados moi especiais. O programa abrirá coa visita de Efecto Pasillo, que chegará desde as Canarias para traer ao estudio todo o seu bo rollo con varios dos seus grandes éxitos e coa estrea dun novo tema. O grupo quedará durante toda a noite para vivir de preto a competición.

Tamén estará Eddy Insua, que regresa como ‘Celebrity’ para bailar con Febres e animar os concursantes a gozar do concurso e a competir, sobre todo, con eles mesmos. A danza chegará literalmente ás alturas coa visita de Danza y Vuela, unha escola de Vigo que presentará un espectáculo con teas e aros. Entre os seus integrantes hai unha campioa do mundo e a propia mestra da agrupación ofrecerá tamén un solo de teas nunha actuación que promete sorprender. 

En canto á competición, na categoría ‘Playback’, Brais terá que converterse en Abraham Mateo. O parecido físico co artista é evidente, pero o reto vai moito máis alá: o gaditano é tamén bailarín, polo que Brais terá que demostrar que é capaz de reproducir a súa forma de moverse e interpretar. Para el é ademais un referente, algo que aumenta a presión, pero tamén as ganas de facer un gran ‘Playback’. 

A tradición galega será protagonista con Gisela e Mauro, que se enfrontarán a unha muiñeira. Os dous teñen unha relación próxima coa música tradicional e terán que demostrar que son capaces de defender unha técnica limpa. Para Gisela será ademais unha actuación especial, xa que lembrará a súa bisavoa, coa que tocaba a pandeireta. E Jaime Pablo Díaz, membro do xurado, protagonizará un momento inédito ao saír á pista para mostrar a súa propia técnica de muiñeira. 
    
Pola súa parte, Marinés e Martín bailarán na categoría ‘Verbena’. A concursante terá así a oportunidade de demostrar por que se dedica aos escenarios das orquestras, mentres Martín volverá poñer sobre a pista a súa enerxía e felicidade. Namentres, Alis e Álex afrontarán outro dos grandes retos da noite cunha bachata de Romeo Santos chea de portés.

As emocións volverán ser protagonistas con Sara e Emma, que bailarán ‘Believe’, de Cher, nunha coreografía intensa en que amosarán a súa faceta máis vulnerable e a relación da danza coas súas propias historias de superación. Juanogy e Alejandra, pola súa parte, sairán da súa zona de confort cunha mestura de lírico e popping, mentres que Noelia e Rafine levarán a pista ao mundo de ‘O mago de Oz’, cun momento especialmente emotivo para Rafine coa presenza da súa nai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade