div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Eddy Insua activa as mañás da TVG desde o luns con 'Pulso activo', o novo programa que invita a poñer o corpo en movemento

O espazo proporá (11:00 h) cada día unha rutina de exercicio para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva

csag.gal 07/11/2025 11:30

Santiago, 7.11.2025.-  Televisión de Galicia estrea este luns o programa ‘Pulso activo’, unha nova proposta para todas as mañás que vai convidar a audiencia a comezar o día con enerxía. Este novo formato diario, concibido como unha clase de fitness inclusiva, adaptada e segura, contará con Eddy Insua como adestrador persoal e catro participantes con necesidades e condicións de saúde diferentes.

Eddy Insua, adestrador e comunicador, conducirá de luns a venres este novo espazo cun estilo próximo, motivador e enérxico. Estará acompañado por Estrella, Silvia, Noemi e Anxo, que representan á diversidade da audiencia e demostran que o exercicio é posible para todos.

Durante 20 minutos diarios, ‘Pulso activo’ ofrece unha sesión completa de adestramento adaptado, combinando exercicio, motivación e momentos de emoción compartida. O obxectivo é combater o sedentarismo, mellorar a mobilidade, e promover o benestar físico e emocional. Con este espazo, producido por La Región Televisión, Televisión de Galicia propón unha cita coa saúde, coa enerxía e co movemento.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade