div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Dobre entrega de emocións e moito amor en 'Casamos!' este luns no 'prime time'

Nieves e Tiko celebran unha voda chea de luxo tras tres anos de relación, mentres que Andrea sorprende a Jacobo coa súa pedida e prepara tamén unha gran festa

csag.gal 18/08/2025 00:01

Santiago, 18.8.2025.-    Este luns á noite a TVG achega unha dobre ración de emocións e historias de amor en ‘Casamos!’ (22:20 h), con dúas vodas moi especiais e cheas de momentos para lembrar. A primeira será a de Nieves e Tiko, que chegaron ao altar tras superar diferenzas e comezos complicados. Ela, divorciada e con dúas fillas maiores, e el, solteiro e sen cargas, non buscaban o amor cando se coñeceron, pero acabaron atopándoo. Tras tres anos de relación, selarán o seu compromiso cunha voda por todo o alto, coidada ata o último detalle.

A continuación, os espectadores coñecerán a historia de Andrea e Jacobo, un romance que arrincou nun rally e que avanzou a toda velocidade. Aos tres meses xa vivían xuntos, pouco despois chegou o seu fillo, e tamén tiveron que afrontar murmuracións e oposicións. O amor impúxose, e foi Andrea quen, hai un ano, sorprendeu a Jacobo coa pedida. Agora están listos para celebrar unha gran festa que dará que falar.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade