Da gran voda aos fogóns, pasando pola granxa escola, tres novos desafíos esta noite en 'Orgullo de familia' - CSAG
Da gran voda aos fogóns, pasando pola granxa escola, tres novos desafíos esta noite en 'Orgullo de familia'
Os Jiménez Jiménez viven unha celebración chea de emoción, os Jiménez Hernández afrontan un reto na cociña e os Ventos Romero aprenderán máis sobre o coidado dos animais

Santiago, 21.10.2026.- Nova entrega esta noite de ‘Orgullo de familia’ (22:45 h). Os Jiménez Jiménez continúan vivindo un dos momentos máis importantes para a familia: a gran voda de Aitana. Nesta segunda parte, o programa acompañaraos durante o resto dunha celebración chea de emoción, tradición e momentos inesquecibles para os noivos.
Pola súa banda, os Jiménez Hernández afrontan un novo reto con Loli, que desta vez terá que poñerse aos fogóns e preparar pratos aos que non está acostumada, poñendo a proba as súas habilidades na cociña.
Os Ventos Romero, pola contra, cambian de escenario: Aroa e Mikel pasan o día nunha granxa escola, onde aprenderán máis sobre os animais, participarán no seu coidado e afrontarán diferentes probas que os sacarán da súa zona de confort.
Tres familias, tres momentos moi diferentes e unha nova entrega en que os grandes días, os retos persoais e as novas aprendizaxes se viven sempre mellor en familia.