div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Bruno e Borjamina mergúllanse na Festa da Istoria de Ribadavia, este mércores en 'A Superfesta'

Os dous Mozos de Arousa, xunto coas reporteiras do programa, vivirán o desfile medieval, o xantar e as xustas 

csag.gal 02/09/2025 11:59

Santiago, 3.9.2025.-  Os dous Mozos de Arousa volven cunha nova aventura en ‘A Superfesta’ (22:20 h) este mércores na Televisión de Galicia. Nesta ocasión Bruno e Borjamina puntuarán, coa axuda das reporteiras, a multitudinaria Festa da Istoria de Ribadavia. Ao final do programa coñecerase a nota que lle porán os mozos a esta espectacular recreación histórica, unha das grandes citas do verán galego. 

Os Mozos de Arousa terán a oportunidade de vivir en primeira persoa o gran desfile da Istoria xunto a centos de cabaleiros, bufóns e músicos de época. E ademais Bruno e Borjamina participarán no tradicional xantar medieval, un dos puntos fortes desta celebración. 

As reporteiras do programa, Adela Bértolo, Jose Torres e Laura Vecino, estarán presentes en todas as actividades que hai arredor da Festa da Istoria. Pasarán pola divertida carreira de pipotes, asistirán aos concertos e gozarán das noites de Ribadavia. Tamén terán tempo para visitar as xustas medievais e gozar da gastronomía da comarca. 

Ao final do programa, e con toda a información dispoñible sobre a Festa da Istoria de Ribadavia, Bruno e Borjamina puntuarán a gastronomía, as tradicións e a troula. E cando remate a temporada o público votará pola súa favorita a través das redes sociais do programa. Estas votacións, sumadas ás puntuacións dos dous Mozos de Arousa, serán fundamentais para saber  cal é ‘A Superfesta’ do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade