div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

As xemelgas Twin Melody e as rancheiras do Mariachi Mezcal encherán esta noite o escenario de 'Luar'

Os ritmos verbeneiros chegarán da man da orquestra Fuego e a música tradicional será cousa das pandeireteiras da formación Ata o Mandil, Dolores

csag.gal 06/11/2026 02:00

Santiago, 06.121.2026.-    No seu primeiro programa do mes de novembro, ‘Luar’ (21:45 h) contará coa presenza no escenario de todo un fenómeno nas redes sociais que deu o salto aos escenarios: o grupo Twin Melody. As irmás xemelgas Aitana e Paula Etxebarria, tiktokers e cantantes, que se deron a coñecer para o gran público no Benidorm Fest de 2023, teñen máis de 20 millóns de seguidores nas redes sociais. Esta noite interpretarán para os espectadores da TVG algúns dos seus grandes éxitos na música, como ‘Siempre eras tú’ e ‘Chao’.

No ‘Luar’ desta noite tamén soarán sons mexicanos, da man do cuarteto Mariachi Mezcal, que ofrecerá as súas mellores rancheiras. Os ritmos verbeneiros chegarán da man da orquestra Fuego e a música tradicional será cousa das pandeireteiras da formación Ata o Mandil, Dolores.

Ademais, o programa contará coa maxia do Mago Vituco e co humor de Sabela Grilo, o personaxe interpretado por María Foscaldo, e de Carla e Marcos, de Todo Mal.

Contra o final da noite, chegará, coma sempre, unha nova entrega do concurso ‘Recantos’. Desta volta, medirán o seu talento sobre o escenario Óscar Villanueva, procedente do Carballiño, e Jesús Sánchez, representante da comarca de Bergantiños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade