div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

As producións 'Aquarium' e 'Chichi e máis eu' encabezan as estreas semanais de AGalega.gal

A plataforma incorpora a curtametraxe distópica de Margharita Morello e un documental sobre o pioneiro do cómic galego Xesús ‘Chichi’ Campos, xunto a tres longametraxes dispoñibles por tempo limitado

Nico Campos, autor do documental 'Chichi e máis eu'. Nico Campos, autor do documental 'Chichi e máis eu'.
csag.gal 23/02/2026 11:00

Santiago, 23.2.2026.-  A plataforma AGalega.gal continúa ampliando a súa oferta audiovisual cunha nova quenda de estreas que combinan ficción e documental. As novidades da semana estarán marcadas especialmente pola chegada da curtametraxe ‘Aquarium’, do documental ‘Chichi e máis eu’, así como de tres novas longametraxes.

O martes 24 estréase a curtametraxe ‘Aquarium’, dirixida por Margharita Morello e ambientada nun futuro distópico. A protagonista, Electra, traballa nunha empresa de márketing e dedica o seu tempo libre ao deseño de roupa. O seu ascenso a directora de departamento esperta os celos dunha compañeira, que sabota o seu traballo e provoca o seu despedimento.

O documental ‘Chichi e máis eu’ (mércores 25 ), percorre a vida e obra de Xesús ‘Chichi’ Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. A través da mirada do seu fillo -que tiña once anos cando o artista faleceu-, o filme reconstrúe a traxectoria dunha figura singular e esquecida da cultura galega, dando resposta ás preguntas que quedaron pendentes durante décadas.

A programación complétase coa incorporación de tres longametraxes dispoñibles durante 30 días: ‘O fantasma do Open’ (xoves 26), comedia dramática británica inspirada na historia real do golfista afeccionado Maurice Flitcroft; ‘Débeda de honor’ (venres 27), wéstern ambientado na Nebraska de 1855, e ‘A madriña’ (sábado 28), thriller centrado nunha intérprete de árabe na brigada de estupefacientes da policía, que ve como a súa vida dá un xiro inesperado tras acabar cun cargamento de droga nas súas mans.

Con estas estreas, AGalega.gal reforza unha programación diversa que combina cinema internacional, produción autoral e memoria cultural galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade