Angola, O Perú e Galicia, unidos polo amor na entrega desta noite do programa 'Casamos!' - CSAG
Angola, O Perú e Galicia, unidos polo amor na entrega desta noite do programa 'Casamos!'
Os seus protagonistas son Enilson e Rita, dous mozos que, a pesar da súa xuventude e do pouco tempo de relación, queren dar o paso máis sincero e puro das súas vidas

Santiago, 20.10.2025.- Os protagonistas do programa ‘Casamos!’ (21:45 h) deste luns serán Rita, de Vigo, aínda que con raíces angolanas, e Enilson, un peruano asentado en Cambados. Coñecéronse grazas á perda do teléfono de Rita, unha desgraza que fixo que en cuestión de meses estes dous rapaces de 21 anos cambiaran as súas vidas para sempre.
Sendo tan novos e con apenas ano e medio de relación, moitos opinan que cometen unha tolería casando, pero eles senten que van dar o paso máis sincero e puro das súas vidas.
Así pois, esta nova entrega de ‘Casamos!’ trae unha historia de amor verdadeiro, intenso e apaixonado que desemboca nunha voda moi íntima e persoal coa que rir e chorar a partes iguais.