div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Ana Peleteiro, Benjamín Campaoré e Heredeiros da Crus, entre as estrelas do 'Land Rober non para' este xoves

Xurxo Carreño e Rocío Durán súmanse esta noite ao programa da TVG que ofrece grandes encontros, humor e moita diversión para toda a familia

crtvg.gal 03/07/2025 00:01

Santiago, 3.7.2025.-    O ‘Land Rober non para’ segue fiel á súa cita co público galego tamén este verán. O espazo da Televisión de Galicia continúa a encher de humor, música e momentos inesquecibles a noite dos xoves, con Roberto Vilar e o seu equipo como sinal de identidade.

Este xoves, o programa ofrecerá encontros moi especiais. A atleta galega Ana Peleteiro e o triplista Benjamín Campaoré compartirán confidencias e vivencias tanto sobre a súa carreira deportiva como sobre a súa vida en común nunha conversa chea de humor e complicidade. Ademais, o espazo contará co talento do humorista Xurxo Carreño, da presentadora Rocío Durán, e da mítica banda galega Heredeiros da Crus.

A partir das 21:50 horas, ‘Land Rober non para’ ofrecerá humor, entrevistas e moitas sorpresas para seguir gozando e rindo en familia durante todo o verán.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade