div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Ampla despregadura do 'Galicia en Goles' en Balaídos para contar este xoves o Celta-Lille da Europa League

O equipo vigués necesita a vitoria para garantir a clasificación para a seguinte fase

csag.gal 21/01/2026 16:45

Santiago, 21.01.2026.-    O Celta de Vigo afronta este xoves en Balaídos un dos partidos máis esixentes da Europa League, coa visita do Lille. A cita chega nun momento clave porque, a falta de dúas xornadas, os dous equipos están empatados a nove puntos na zona que daría dereito a participar na eliminatoria intermedia de clasificación para os oitavos de final.   
                                                                                                           
A Radio Galega ten preparada unha ampla despregadura para contar desde as 20:00 h na FM e na plataforma AGalegaAudio.gal todo o que suceda sobre o terreo de xogo. Roberto Carlos Carballo conducirá esta edición especial de ‘Galicia en Goles’, en que estarán presentes Víctor López na narración, Jose Valtierra e Moncho Carnero na análise táctica, Uxío Caamaño ‘Mr Asubío’ comentando todo o que teña que ver co traballo arbitral e Gonzalo Alonso movéndose co micrófono sen fíos entre os afeccionados. A emisión prolongarase ata as a medianoite para ofrecerlle á audiencia a rolda de prensa de Claudio Giráldez xunto ás entrevistas aos futbolistas máis destacados.

O Celta atravesa un excelente momento anímico tras golear o Raio Vallecano por 3 a 0. Este triunfo reforzou a confianza e amosou o crecemento no xogo, especialmente na presión alta e na fluidez ofensiva. Na Europa League mantense coas opcións abertas, aínda que sen marxe para o erro. Os resultados foron irregulares ata o de agora, combinando actuacións de bo nivel ante o Paok, o Niza e o Dinamo de Zagreb con dous tropezos consecutivos fronte ao Ludogorets e o Bolonia.

Pola súa parte, o Lille chega a Vigo tras unha xornada complicada na liga gala, onde caeu con claridade ante o Paris Saint-Germain (3-0). A pesar deste resultado, o equipo francés mantense na zona alta da clasificación doméstica e destaca pola súa organización defensiva e pola capacidade para competir en escenarios europeos.
    
O duelo de Balaídos preséntase como un choque de estilos. O Celta buscará protagonismo, ritmo e presenza ofensiva ante un Lille que apostará pola solidez, a paciencia e o aproveitamento das súas ocasións.     
   
O Celta-Lille abre o xoves unha semana chea de retransmisións na FM da Radio Galega e na plataforma AGalegaAudio.gal. O venres o protagonismo será para o fútbol da Primeira RFEF, co Celta Fortuna-Zamora e o Mérida-Pontevedra. O sábado a atención estará posta no Pazo de Lugo, coa visita do Real Madrid ao Breogán na Liga ACB. Xa o domingo, a audiencia de ‘Galicia en Goles’ gozará dunha sesión continua cos grandes do do fútbol galego, coa chegada do Celta a Anoeta para enfrontarse á Real Sociedade, e, na quenda da noite, o enfrontamento entre o Deportivo, cuarto clasificado, e o Rácing de Santander, líder da Segunda División, en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade