div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG seguirá a xornada electoral do 29N cun especial informativo a partir das 19:30 h

Presentado por Marta Darriba e Pablo Muñoz, ofrecerá en directo o escrutinio, as comparecencias e as reaccións dos candidatos

Especial tamén na Radio Galega desde as 20:20 h, que estará conducido por Luís Ojea e Celia Rúa

A CSAG contará con analistas como Nieves Lagares, María Bastida, Cristina Ares, María Cadaval, José Julio Fernández e Paloma Castro

A partir das oito da tarde desvelarase a enquisa realizada por SIGMA DOS

G24.gal terá dispoñible un visualizador de datos por concellos, provincia, autonomía e Estado. A xornada pode seguirse tamén nas redes e a través de AGalega.gal

csag.gal 27/11/2026 12:49

Santiago, 27.11.2026.-    A TVG seguirá este domingo a xornada electoral do 29 N desde as urnas e as sedes dos partidos cun especial informativo a partir das 19:30 h, que será conducido por Marta Darriba e Pablo Muñoz e que ofrecerá en directo o escrutinio, as comparecencias e as reaccións das candidaturas. 

Como votou cada provincia galega, cantos escanos lle corresponden no Congreso e no Senado ou o peso dese resultado no conxunto do Estado serán algunhas das claves do especial. A cobertura apoiarase nunha ampla despregadura con equipos desde os colexios electorais e nas sedes nacionais e autonómicas das principais formacións. O especial contará con tres mesas de análise coa participación de Nieves Lagares e Cristina Ares, profesoras de Ciencia Política da USC; María Bastida, catedrática de Organización de Empresas, e María Cadaval, profesora de Economía Aplicada. O programa combinará información de última hora, conexións en directo, gráficos, análise e entrevistas nunha noite decisiva para a configuración do próximo Congreso dos Deputados.

Antes, a Televisión de Galicia seguirá a xornada desde a apertura dos colexios, con adiantos informativos ao longo do día e unha edición especial do ‘Telexornal’. Na Radio Galega, o seguimento electoral comezará co ‘Galicia por Diante’ e continuará nos boletíns informativos e en ‘A Crónica’. Ao longo da tarde, a emisora actualizará os datos de participación e, ao peche dos colexios, ofrecerá un adianto coa enquisa de Sigma Dos para a CSAG antes do especial informativo (20:20 h), presentado por Luís Ojea e Celia Rúa. Na análise participarán, entre outros, José Julio Fernández, catedrático de Dereito Constitucional, e Paloma Castro, profesora de Ciencia Política.

Pola súa parte, o portal dos servizos informativos g24.gal e as redes sociais ofrecerán un seguimento permanente da xornada, desde a apertura dos colexios. A medida que avance o escrutinio, o público poderá consultar no visualizador os datos de cada concello e cada provincia, así como os resultados agregados de Galicia e do conxunto do Estado, e comparalos cos das anteriores eleccións equivalentes. A web permitirá tamén seguir en directo todas as comparecencias da noite electoral, tanto nas sedes autonómicas coma nas nacionais, das distintas formacións políticas. Tamén, toda a información da xornada, en directo, en AGalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade