div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG retransmitirá en directo a Eucaristía da Translación do Apóstolo Santiago

csag.gal 29/12/2025 16:30

Santiago, 29.12.2025.- A Televisión de Galicia ofrecerá este martes 30 de decembro, a partir das 11:20 horas, os actos centrais da Translación do Apóstolo Santiago, unha das citas relixiosas e institucionais máis significativas do calendario compostelán.

A retransmisión en directo iniciarase co pase de revista ás Forzas Armadas na Praza do Obradoiro, previo á cerimonia relixiosa. Ás 12:00 horas dará comezo a Santa Misa na Catedral de Santiago, que se prolongará aproximadamente ata as 13:00 horas.

A narración do acto correrá a cargo do redactor xefe dos Servizos Informativos da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), Alberto Varela, acompañado nos comentarios polo filólogo Carlos Lema Salvado, que achegará contexto histórico e litúrxico á retransmisión.

Nesta edición, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na tradicional Ofrenda da Translación do Apóstolo Santiago, unha cerimonia instaurada no ano 1646, durante o reinado de Filipe IV. A designación foi realizada pola súa Maxestade o rei Filipe VI e comunicada oficialmente polo xefe da Casa de Súa Maxestade o Rei, Camilo Villarino.

Ademais da emisión na TVG, G24.gal ofrecerá integramente a retransmisión do acto relixioso para aquelas persoas que opten por seguilo a través de dispositivos móbiles. Así mesmo, a Radio Galega permitirá seguir a ofrenda do delegado rexio no marco do programa 'Galicia por Diante', reforzando a cobertura multiplataforma deste evento de especial relevancia para Galicia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade