div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Televisión de Galicia triplica o seu consumo dixital e supera os 300 millóns de reproducións ata xuño

O ecosistema dixital da CSAG duplica o seu impacto e roza os 3 millóns de seguidores

Nos primeiros seis meses de 2026 a TVG aumentou un 192% as reproducións dos seus vídeos e chega a preto do millón de seguidores

G24.gal supera o millón de usuarios, e Radio Galega multiplica exponencialmente o seu alcance, chegando aos 15,4M de reproducións 

A plataforma AGalega.gal medra ata preto de 800 mil usuarios e máis de 3 millóns de sesións

csag.gal 02/07/2026 13:57

Santiago, 2.07.2026.-  Nos primeiros seis meses de 2026 os medios dixitais da CSAG seguiron batendo as súas marcas. A fonda conversión dixital da Corporación desta última década reflíctese nestes resultados, e as cifras evidencian a modernización da Corporación e a súa adaptación aos hábitos de consumo audiovisual da sociedade galega.

Ao distribuír os seus contidos adaptados a cada unha das ventás, tanto dixitais como lineais, a relevancia da Televisión de Galicia e da Corporación xa se expresa tamén a través dun modelo de medición crossmedia, superando a etapa analóxica da TDT.

Os datos agregados nas principais redes da Corporación (Instagram, Facebook, TikTok, «X» e YouTube) revelan que entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2026 a CSAG obtivo:
 
    • 899 millóns de reproducións (+93%)
    • 1.320 millóns de impresións (+115%) 
    • 34,4 millóns de interaccións (engagement) (+74%)
    • 2,93 millóns de seguidores (+31%), o que supón 700.000 seguidores máis que no mesmo período do ano anterior.

Na desagregación só das tres principais marcas:

-A Televisión de Galicia protagoniza o maior crecemento da súa historia nas redes sociais, e achégase ao millón de seguidores.

Entre xaneiro e xuño acadou:

    • 343 millóns de reproducións dos seus vídeos (+192%)
    • 432 millóns de impresións (+177%) 
    • 13 millóns de interaccións (+205%) 
    • 995.264 seguidores (+42%)


_G24 practicamente duplica a súa comunidade neste período e medra cara a superar o millón de seguidores antes de final de ano.

    • 494 millóns de reproducións (+57%) 
    • 777 millóns de impresións (+103%)
    • 21 millóns de interaccións (+68%) 
    • 742.432 seguidores (+102%)


_A Radio Galega protagoniza a maior evolución porcentual de todas as marcas da CSAG nas redes sociais. 

    • 15,4 millóns de reproducións (+27.264%) 
    • 22 millóns de impresións (+4.147%) 
    • 784.185 de interaccións (+7.074%) 
    • 78.519 seguidores (+33%)


As redes do Xabarín seguen a medrar tamén en 2026 e xa teñen unha comunidade de máis de 37.000 seguidores. Tamén o fan as marcas do “En Xogo”, “DígochoEU” ou “Galicia por diante” que cos seus datos complementan o agregado final xunto coas tres principais.


AGalega.gal medra un 5% e G24.gal supera o millón de usuarios

Fóra das redes sociais, a OTT a AGalega.gal tamén segue medrando e achégase aos 800.000 usuarios (781.717) cun crecemento do 5%, e un incremento do 15% de sesións ata superar a barreira dos 3 millóns. 


A web informativa G24.gal marca tamén rexistros históricos ao superar por vez primeira o millón de usuarios:

    • 1.034.256 usuarios (+32%)
    • 3.072.732 sesións (+37%)
    • 8.342.015 páxinas vistas (+82%)
 

Con Google Analytics e Emplify Social Analytics como fontes, os datos da Corporación neste período de 2026 baten xa en moitos casos as marcas de todo 2025, que foi á súa vez tamén un ano de récord.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade