div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A serie de animación infantil 'Pipo', producida en Galicia e en galego, chega este mércores a Xabarin.gal

A plataforma de contidos da CSAG para as máis pequenas e pequenos lanzará a primeira hora da tarde esta nova proposta de entretemento, logo dun evento de estrea que terá lugar ao mediodía no festival Castelo Conta de Culleredo

Ideada por Andrés Mahía e Laura Mahía, creadores tamén de ‘Bibopalula’, está dirixida á cativada de entre 5 e 8 anos e ten como protagonista un extraterrestre que descobre con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos

csag.gal 27/08/2025 11:03

Santiago, 27.08.2025.-    Xabarin.gal estrea este mércores ‘Pipo’, unha nova proposta de entretemento infantil producida en Galicia e en galego. A plataforma de contidos da CSAG para as máis pequenas e pequenos lanzará a primeira hora da tarde esta nova serie, logo dun evento de estrea que terá lugar ao mediodía no festival Castelo Conta, que se celebra durante toda esta semana en Culleredo

Andrés Mahía e Laura Mahía, creadores tamén de ‘Bibopalula’, a primeira serie musical de animación en galego, están detrás da idea orixinal de ‘Pipo’, unha proposta pensada para nenas e nenos de entre 5 e 8 anos, producida por Undodez para a Televisión de Galicia e que consta de 10 capítulos na súa primeira temporada.

A serie, a cuxos personaxes lles poñen voz nomes como Lidia Veiga, Oswaldo Digón ou Lucía Veiga, conta con Santi Jul e Iván Laxe a cargo do deseño sonoro e con Laura Pazienza Signo como directora de produción. 

‘Pipo’ conta a historia de Berta, unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos. O primeiro día do novo curso escolar, Berta descobre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes E ata pelar as laranxas. A vida de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente. 

Presentación en Castelo Conta

Castelo Conta, unha das grandes citas da cultura no rural, que se celebra cada verán, acolle este mércores ás 13:30 h a presentación da serie, cunha proxección dirixida ás cativas e cativos que participan nas actividades infantís do festival, pero que tamén estará aberta ao público en xeral. Arredor de 80 nenas e nenos asistirán á proxección dos primeiros capítulos da serie e, deste xeito, serán os primeiros en gozar dela antes da estrea en Xabarin.gal pola tarde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade