A película de animación 'Decorado', participada pola CSAG, gaña o Premio Forqué á Mellor Longametraxe de Animación - CSAG
A película de animación 'Decorado', participada pola CSAG, gaña o Premio Forqué á Mellor Longametraxe de Animación
Novo recoñecemento para o filme, que xa recolleu galardóns e mencións en festivais internacionais como o 'Fantastic Fest' e o 'Animation Is Film'
Dirixida polo coruñés Alberto Vázquez, director de éxitos como ‘Birdboy’, ‘Psiconautas’ e ‘Unicorn Wars’, a cinta é unha fábula escura e hipnótica sobre o control social

Santiago, 14.12.2025.- A película de animación 'Decorado', dirixida por Alberto Vázquez e producida por Chelo Loureiro, Iván Miñambres, Jose Mª Fernández de Vega e Nuno Beato obtivo este sábado á noite o premio a Mellor Longametraxe de Animación dos Premios Forqué.
O filme, participado polaTelevisión de Galicia, suma este galardón aos obtidos no no 'Fantastic Fest', un dos festivais do xénero máis importantes do mundo, en Austin (Texas, EUA), e no 'Animation Is Film', de Os Ánxeles (California), posicionado como un dos encontros de animación máis importantes a escala global. A película fora tamén seleccionada en Sitges, BFI London, Tokyo, Ottawa y Abycine, entre outros festivais internacionais.
Os Premios Forqué foron entregados en Madrid nunha gala á que asistíu o equipo da cinta, ao que acompañou o director de Proxección Social da CSAG, Xaime Arias.
Dirixida por Alberto Vázquez, director de éxitos como ‘Birdboy’, ‘Psiconautas’ e ‘Unicorn Wars’ a cinta plantexa unha fábula escura e hipnótica sobre o control social e o artificio da vida. Responsable de de éxitos como ‘Birdboy’, ‘Psiconautas’ e ‘Unicorn Wars’ e gañador de catro Premios Goya, o director galego asina unha fábula escura e hipnótica sobre o control social, o artificio da vida e a fraxilidade das nosas certezas. ‘Decorado’ combina sátira, surrealismo e humor negro, cun enfoque mordaz sobre a existencia humana. O seu protagonista é un cidadán aparentemente corrente que comeza a sospeitar que todo ao seu arredor -o seu traballo, a súa parella, a súa cidade- forma parte dunha xigantesca farsa. O que parece unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara a algo que se pareza, aínda que sexa un pouco, á liberdade.
Televisión de Galicia segue apostando polo cine galego e confirmando cada ano a súa participación en novos proxectos. ‘Decorado’ foi unha das películas seleccionadas na convocatoria de apoio ao cine desenvolvida no 2024. Con guión de Alberto Vázquez e Francesc Xavier Manuel, ‘Decorado’ é unha produción de Abano Producións, Uniko, The Glow, María y Arnold A.I.E e Sardinha Em Lata. O proxecto conta co respaldo de TVG, RTVE, ETB, Movistar Plus+, ICAA, Agadic, a Deputación de Badaxoz, o Goberno Vasco e a Deputación Foral de Biscaia.