div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Panorama enfróntase hoxe ao xurado de 'A Orquestra Perfecta' na última batalla antes da gran final

Lito Garrido pon a proba as súas voces nunha noite de tensión, retos e críticas, en que só dous artistas conseguirán o pase para a gala decisiva, que a semana que vén reunirá no mesmo escenario os mellores cantantes da verbena galega 

csag.gal 19/09/2026 02:00

Santiago, 19.09.2026.-   A competición chega ao seu momento decisivo. A Panorama desembarca este sábado en ‘A Orquestra Perfecta’ (22:00 h) cunha misión especialmente complicada: conseguir que dous dos seus cantantes entren nunha final que xa reúne algunhas das voces máis potentes da verbena galega.

Lito Garrido defenderá seis candidatos, pero o xurado non lle poñerá as cousas fáciles. Cibrán Insua, unha das grandes voces da formación, verá cuestionada a súa versatilidade e terá que responder cantando por sorpresa un tema de Isabel Pantoja. Yaiza Cifuentes, presentada por Lito como ‘a fichaxe do ano’, tampouco convencerá a todos e provocará un duro intercambio de opinións sobre as decisións do director da Panorama.

Marleny, Mario Álvarez e María Kilate completarán, xunto a eles, unha noite en que ser unha estrela da Panorama non garante absolutamente nada. Ao final, o xurado pecharase na ‘Sala de Contratación’ e só dous nomes conseguirán sobrevivir.

A gran final xa está aquí

E cada vez queda menos sitio. Genma Lareo e Edgar Bao, da Olympus; Davinia Fleitas e Juan Carlos Balbuena, do Combo Dominicano; María José Pereira e Noly, dos Satélites; Oliver e Alba Navarro, da París de Noia; Santi Pulido, Néstor Peña, Marta Fernández, Vanessa Fernández, Christian Mene, Danni Lamas, Raúl Campo e Katty Méndez xa forman parte dunha final que reunirá as voces seleccionadas ao longo de toda a temporada.

A vindeira semana chegará a gran final de ‘A Orquestra Perfecta’. Unha noite en que todos eles competirán xa sen escudo, sen importar de que orquestra veñen, por conseguir un posto na superorquestra da que fala toda Galicia. Pero antes falta a Panorama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade