A estratexia de marca da CSAG ‘MELLOR Á GALEGA’, Premio Paraugas 2026 - CSAG
A estratexia de marca da CSAG ‘MELLOR Á GALEGA’, Premio Paraugas 2026
A CSAG gañou na categoría que recoñece iniciativas vinculadas á identidade e ao territorio galego
Os galardóns do Clúster da Comunicación de Galicia foron entregados este venres nunha gala que retransmitíu AGalega.gal desde o Teatro Jofre de Ferrol
Recolleu o premio Carlos García Verdugo, subdirector de Análise, Rendemento e Marketing da Corporación

Santiago, 13.11.2026.- A estratexia de marca ‘MELLOR Á GALEGA’ da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) gañou o Premio Paraugas 2026 na categoría de mellor acción ou estratexia vinculada a Galicia.
Carlos García Verdugo, subdirector de Análise, Rendemento e Marketing da CSAG recolleu o premio, acompañado do equipo da axencia creativa Tío Phil, na gran noite da comunicación e a publicidade de Galicia.
A estratexia de reposicionamento de marca ‘MELLOR Á GALEGA’ era candidata na categoría de mellor acción ou estratexia vinculada a Galicia, coa que se recoñecen iniciativas que contribúen á promoción da identidade, a lingua, a cultura e o territorio galegos. A CSAG competía con ‘Lenzos, as letras en cor’, de Nasas para Gadis, e ‘O galego xa é teu’, de Nasas para a Comisión Interuniversitaria de Galicia.
Organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia, os XI Premios Paraugas, foron entregados nunha gran gala no Teatro Jofre de Ferrol que foi emitida en directo a través de AGalega.gal, a plataforma de contidos dixitais da Corporación. Estes galardóns recoñecen o talento e o traballo do sector con trece categorías premios de distintos ámbitos da comunicación e o marketing.
…………..………………...