div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Compostela medieval e o seu papel como centro de peregrinación e de poder en Europa, protagonista hoxe en 'Os crononautas'

Trisha Fernández e David Vilares adéntranse hoxe nesta cidade galega, que acabou converténdose, xunto con Roma e Xerusalén, nun dos grandes destinos do mundo

csag.gal 08/10/2026 00:01

Santiago, 8.10.2026.-  O programa ‘Os Crononautas’ (22:45 h) viaxa este xoves á Galicia medieval para descubrir o papel de Santiago de Compostela como centro de peregrinación, de poder e de referencia política na Europa medieval. 

A comezos do século IX, algo acontece en Galicia que o cambia todo: o descubrimento dun sepulcro. A noticia espállase e o lugar axiña atrae milleiros de persoas, pois alí descansan os restos do Apóstolo Santiago. Arredor dese achado nace o lugar de Santiago, un espazo sagrado que semella illado, pero que non tarda en medrar coa chegada de peregrinos, comerciantes e xentes de toda Europa que transformarán este lugar nunha cidade. 

Trisha Fernández e David Vilares adentraranse hoxe na Compostela medieval, unha cidade que acabou converténdose, xunto con Roma e Xerusalén, nun dos grandes destinos do mundo coñecido. Seguirán as pegadas dos peregrinos, descubrirán historias, símbolos e lendas do Camiño, e asistirán a momentos decisivos que transformaron Santiago nun centro espiritual e cultural en Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade