div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A aventura do xinete de 'Domar o vento' chega en Oia hoxe á súa fin

O coñecido ‘youtuber’, especializado en viaxes extremas, Lethal Crysis, acompaña a Adrián nesta etapa de regreso marcada polas sorpresas

csag.gal 25/08/2026 00:01

Santiago, 25.8.2026.-    Adrián Martíns, o xinete de ‘Domar o vento’ (21:55 h), inicia o último tramo da súa viaxe pola provincia de Pontevedra, camiño de Oia. Tras oito semanas de travesías a cabalo por Galicia, sen tecnoloxía nin cartos, Martíns amosou paisaxes incribles, encontros humanos e historias do rural únicas.

Ao longo deste último percorrido, Adrián recibirá varias sorpresas, entre elas a visita inesperada de Lethal Crysis (Rubén Díez), o coñecido youtuber español especializado en viaxes extremas en lugares remotos e pouco coñecidos, que o acompaña neste regreso tan especial. Un final de etapa marcado pola emoción da volta á casa e os reencontros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade