Zuñi, o can que non deixa achegarse á súa dona, pon a proba a Hugo en 'Somos animais' - CSAG
Zuñi, o can que non deixa achegarse á súa dona, pon a proba a Hugo en 'Somos animais'
Lorena Terrón axudará a descubrir esta noite se é posible gañar a confianza desta mascota, mentres Jorge Vázquez coñece tres yorkshires moi inquietos

csag.gal
14/05/2026 00:01
Santiago, 14.5.2026.- O presentador de ‘Somos animais’ (22:45 h), Hugo Cabaleiro, vai ver esta semana a Juni e á súa mascota, un can chamado Zuñi, que non deixa que ninguén se achegue á súa dona e que é o terror da cativada no parque do barrio. Xunto a Lorena Terrón, experta en comportamento animal, Hugo vai descubrir se é posible gañar a confianza de Zuñi ou non hai nada que facer.
Pola súa banda, Jorge Vázquez vai coñecer tres auténticos terremotos: Emma, Logan e Leah. Estes tres yorkshires non paran quietos nin cando a súa dona os leva en autobús.

CRTVG VIVA