div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Que non che movan o marco: no 3, MELLOR Á GALEGA'

A Televisión de Galicia lanza unha campaña con moita retranca para animar a cidadanía a conservar a TVG no número 3 do mando a distancia 

A televisión en aberto vive estes días un proceso de resintonización pola incorporación de novas canles en ultra alta definición (UHD)

csag.gal 05/11/2026 14:13

Santiago de Compostela, 05.11.2026.-   Este xoves 5 de novembro, a televisión en aberto en España incorpora novas canles en ultra alta definición (UHD), cambio que implica a reorganización da frecuencia e da posición dalgunhas das canles existentes.

Ante esta situación, a TVG pon en marcha hoxe a campaña  ‘Que non che movan o marco: no 3, MELLOR Á GALEGA’ que informa e acompaña a audiencia neste proceso de reorganización da TDT e anímaa a manter a Televisión de Galicia, na canle 3 dos seus televisores.

A campaña xoga coa expresión “que non che movan o marco” facendo unha chiscadela á identidade, á cultura e a un xeito de ser propio de Galicia, e cunha mensaxe moi recoñecible, coa retranca que caracteriza a nosa terra. A campaña lembra que, máis alá dos cambios técnicos na televisión, hai algo que queremos seguir tendo sempre no mesmo sitio: a TVG na súa posición habitual, ‘no 3, MELLOR Á GALEGA’.

Durante os vindeiros días veremos a segunda parte da campaña e como as caras máis famosas da canle invitan os galegos a que non lle movan o marco e poñan a Galega onde estivo sempre, no 3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade