'Pretty Rober' reúne esta noite algunhas das situacións máis divertidas arredor da mesa e a saúde - CSAG
'Pretty Rober' reúne esta noite algunhas das situacións máis divertidas arredor da mesa e a saúde
A TVG ofrece unha selección de sketchs inspirados no universo gastronómico e hospitalario dos personaxes máis populares do ‘Land Rober’

Santiago, 6.8.2026.- A TVG propón para este xoves á noite ‘Pretty Rober’ (22:20 h), un espazo que recompila algunhas das escenas máis divertidas do universo humorístico do ‘Land Rober’. Nesta ocasión, os sketchs xirarán arredor de dúas temáticas moi propicias para a comedia, como é a gastronomía e o ámbito hospitalario.
Os espectadores poderán gozar de situacións disparatadas relacionadas con restaurantes, convites e todo tipo de experiencias culinarias, así como de historias ambientadas entre consultas, doenzas e imprevistos médicos.
Nesta escolma de humor non faltarán algúns dos personaxes máis queridos polo público, entre eles o alcalde de Traspazos ou as incombustibles ‘Tardes de Marilú’, como protagonistas dunha velada pensada para seguir gozando do mellor humor da factoría de Roberto Vilar.
